Programa de amadriñamento matemático

Matemáticas entre matemáticas

Aurias é un proxecto iniciado dende o Grao de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela para achegar as matemáticas a rapazas de 13 a 17 anos.

A través de sesións quincenais con madriñas, queremos axudar ás participantes a descubrir o seu potencial matemático e animalas a participar en actividades como as Olimpíadas de Matemáticas, sen importar o seu nivel ou experiencia previa.

Aurias nace para acompañar un cambio que empeza a verse.

Participación feminina +5,4 puntos Na Olimpíada de Bacharelato pasou do 28% en 2025 ao 33,4% en 2026.
En colaboración con Sementeira Clube Olímpico de Mates-USC Comezamos a colaborar con Sementeira para achegar preparación, problemas e referentes.

Un espazo para achegarse ás matemáticas sen présa nin presión.

Aurias nace en 2025 ante a preocupación pola baixa participación feminina en actividades matemáticas competitivas, como as Olimpíadas de Matemáticas, en contraste coa presenza equilibrada de mulleres nos graos de Matemáticas. O programa busca reducir a distancia entre estes dous mundos creando un ambiente de apoio e inspiración, onde as rapazas poidan explorar o seu interese polas matemáticas fóra da clase, desenvolver habilidades de resolución de problemas e conectar con outras mulleres que compartan a súa paixón.

Non fai falta sabelo todo nin ter claro se queres estudar Matemáticas. Chega con ter curiosidade, un chisco de tempo para pensar con calma e ganas de desfrutar resolvendo problemas dende novas perspectivas.

O noso obxectivo é que ningunha rapaza abandone as matemáticas por pensar que “isto non é para min”.

Catro pasos, sen misterio.

1

Enches o formulario

Faino coa axuda dun dos teus titores legais. Pediremos só a información necesaria para organizar o programa.

2

Buscámosche unha madriña

Asignarémosche unha estudante universitaria segundo dispoñibilidade, horarios e intereses.

3

Poñédesvos de acordo

A túa madriña escríbete para concretar o día e hora das sesións. Todo é en liña.

4

Comezades

Nas sesións podedes resolver problemas, preparar olimpíadas ou falar de como é estudar Matemáticas.

Para non perder a praza, revisa o correo e responde nun prazo máximo dunha semana. Para calquera dúbida: auriasmat@gmail.com.

Podes apuntarte aínda que...

  • nunca participases nunha olimpíada;
  • che gusten as matemáticas pero che dean algo de respecto;
  • nunca participaras nunha actividade extracurricular de matemáticas;
  • non saibas que queres estudar de cara ao futuro.

Unha persoa de referencia.

As madriñas son estudantes de Matemáticas, Dobre Grao Matemáticas-Enxeñería Informática ou Dobre Grao Física-Matemáticas. Non están para examinarte nin para mandar deberes: están para proporche problemas, ensinarte novos conceptos e ideas, e sobre todo para axudarte e responder ás túas dúbidas. Podes falar con elas de como é a universidade, de que se pode facer con Matemáticas ou de calquera cousa que teñas en mente.

Quen fai posible Aurias?

O programa medra grazas ao traballo voluntario das madriñas e á colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.

Participar como madriña
OIX

Únete

Tes ganas de probar?

Apúntate e escribiranche desde Aurias para continuar o proceso.

Quero participar